7 de mar. de 2013

NOVOS RETOS MATEMÁTICOS

Aquí vos deixo uns novos enigmas matemáticos.
Lembrade ler con calma.
Espero as vosas respostas. :-)

A Anxo caeulle un anel dentro dunha taza chea de café pero o  anel non se mollou. Como pode ser?

Nunha árbore hai sete paxaros. Perdro dispara e mata a un paxaro. Cantos paxaros quedan na árbore?

O pai de Ana ten cinco fillas, que son: Nana, Nene, Nini e Nono. Poderías dicirme como se chama a quinta filla?

Dúas vacas detrás dunha vaca,
dúas vacas diante dunha vaca
e unha vaca no medio.
Cantas vacas son?

3 de mar. de 2013

LONXITUDE

Como xa sabedes, esta semana comezamos a falar da lonxitude.
Aquí vos deixo dúas actividades para practicar.
A primeira actividade fálavos da relación que existe entre as unidades de lonxitude (km,hm,dam,m,dm,cm,mm)  e o que hai que facer para pasar de unha unidade a outra.
Na segunda actividade podedes comprobar todo o que aprendíchedes resolvendo un pequeno test de preguntas sobre o tema.
 Moita sorte! ;-)




As actividades recollidas da web de educación do Goberno de Canarias.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...