Buscamos información sobre os animais en perigo de extinción.
WWF.
Blog de uso educativo.
Primeiro sinxelo do EP "Hasme oír", que sairá á rúa a comezos de abril como homenaxe a Xela Arias, á que se lle dedican este ano as Letras Galegas. "Intempériome" fala de deixar atrás o aprendido, os prexuízos e os estereotipos, e avanzar cara o auto-recoñecemento para sermos a persoa que queiramos ser. Os coidados e a liberdade... a base fundamental.
Foron moitos días sen vernos, tantos que xa perdín a conta.
Chegou o momento de comezar unha nova aventura, xuntos/as, coma sempre.
Vai ser unha aventura épica, chea de emocións e con moitas normas.
Estou convencida que seremos capaces de facelo, somos un equipo.
Un equipo de persoas bravas que xa me demostraron que eran fortes, valentes.
Capaces de desafiar ao medo, retar a tristura e ao enfado e sacarlle a lingua.
Orgullo!
Cantas cousas por contar.
Descansade moito hoxe. Eu espérovos mañá, porque mañá é o día!😄