25 de maio de 2020

ORGULLO DE MESTRA.


As ordes eran precisas, categóricas.
Había que quedar na casa.
A situación era confusa, estraña pero había que facelo.
E así foi como todo comezou.

O tempo esvaraba entre as mans, lentamente sen pausa.
A incerteza instalouse na vida cotiá.
Os días pasaban e semellaba que íamos perder a cabeza pero non, desprendémonos dos parafusos que nos sobraban e seguimos cara adiante, coma sempre, non había outra opción. Renderse? Esa palabra non se atopa no noso vocabulario.

Fortes, valentes. Desafiamos ao medo, retamos a tristura e ao enfado. Sacámoslle a lingua. O medo, a tristura e o enfado desapareceron transformándose nun salto de ledicia que trouxo con el unha nova forma de ver o mundo.

As casas convertéronse en fiestras abertas, por onde entraba unha airexa moi agradable que deixaba gozar das cousas máis insignificantes, agora transformadas en colosais. As nubes, os solpores, a natureza, mudaron en agasallos para a vista, para o espírito e para a alma.

Nada disto sería posible sen vós.
Orgullo de mestra. 
Tania. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...