Fai as actividades nun word e gárdaas no ordenador para subilas cando se arranxe a plataforma.

Se non tes word, fai as actividades no caderno sácalle unha foto e gárdaa para subila cando se arranxe a plataforma. 

Podes facer as actividades en galego ou en castelán.

HOXE IMOS SER...XORNALISTAS!

Hoxe imos ser xornalistas.
A actividade final de hoxe é escribir unha NOTICIA.
Pero imos paso a paso:

1º Que é unha NOTICIA?
A noticia é un tipo de texto que conta feitos de interese da actualidade.
Busca proporcionar a máxima información no menor tempo e espazo posible.

A intención da noticia é dar unha información obxectiva.
O periodista NON pode dar a opinión cando escribe.
Xeralmente difúndese en medios de comunicación: radio, xornal, televisión, internet...
Para escribir unha noticia tes que ter en conta as partes dunha noticia.

2º Cales son as partes dunha noticia?
As partes dunha noticia son: TITULAR, ENTRADA E CORPO.
Tamén se acostuma a poñer fotografías acompañando as novas.

TITULAR: frase que da a información máis importante da noticia.
ENTRADA: resume e responde as preguntas básicas.
CORPO: é o texto principal e narra os acontecementos en orde de importancia, comezando polo máis importante.

IMPORTANTE!
Todas as noticias teñen que responder as seguintes preguntas:
  1. Quen intervén?
  2. Que pasou?
  3. Cando pasou?
  4. Onde pasou?
  5. Por que pasou?
  6. Como pasou?
La noticia es un tipo de texto que cuenta un hecho de interés de la actualidad. Generalmente se difunde en diferentes medios de comunicación (radio, periódico, televisión, internet,…)

Leer más: https://briandadeluna.webnode.es/ud1-la-noticia/la-noticia/

ACTIVIDADE 1: ANALIZAMOS UNHA NOTICIA.

O obxectivo desta actividade é que identifique as partes desta noticia. Aquí.
Tes que identificar cal é o titular, cal é a entrada e cal é o corpo.
Para elo deberás escribir a túa resposta, seguindo o exemplo que che poño a continuación, na tarefa habilitada ao final do plan de traballo de hoxe.
Exemplo:
TITULAR: Aquí copias o titular.
ENTRADA: Aquí copias a entrada.
CORPO: Dende (aquí pos as 5 primeiras palabras) ata (aquí pos a 5 últimas palabras).

ACTIVIDADE 2: Responde as preguntas da túa noticia.

Pensa o tema de actualidade ou de interese sobre o que vas escribir e contesta ás preguntas.
Tes que contestar a todas as preguntas as que ten que dar resposta a túa noticia.
  1. Quen intervén?
  2. Que pasou?
  3. Cando pasou?
  4. Onde pasou?
  5. Por que pasou?
  6. Como pasou?
Contesta as preguntas na tarefa habilitada ao final do plan de traballo de hoxe.

ACTIVIDADE 3: Redacta o titular e a entrada.

Tes que escribir o TITULAR e a ENTRADA da túa noticia .
Nesta actividade tes que escribir o TITULAR da túa noticia e a ENTRADA.

TITULAR: frase que da a información máis importante da noticia.
ENTRADA: resume e responde as preguntas básicas.

Para que che saia mellor fíxate na noticia que analizaches (aquí), nela podes ver con claridade como é o titular e a entrada.
Escribe o titular e a entrada da túa noticia ao final do plan de traballo de hoxe.

ACTIVIDADE 4: Redacta o corpo.

XA CASE REMATAMOS!

Tes que escribir o CORPO da noticia e xuntalo todo.
Escribe o corpo da noticia.

CORPO: é o texto principal e narra os acontecementos en orde de importancia, comezando polo máis importante.
Unha vez remates o corpo, para ser un verdadeiro/a xornalista, tes que xuntar todas as partes antes de entregar a túa tarefa.

Así que nesta actividade terás que entregar o titular, a entrada e o corpo.
Fíxate que teñen tamaños de letra diferente, podes consultar o exemplo que analizamos na actividade 1 (aquí).
Se queres,  podes completar a túa noticia cunha fotografía.
Escribe a túa noticia completa ao final do plan de traballo de hoxe.

11:30 RECREO.
Colle algo de merendar que imos bailar.