27 de xuño de 2018

PARA O VERÁN.

     

          Este verán mil cousas poden pasar: festas, visitas a praia, comidas con familiares, xogos con amigos, xeados, paseos baixo a luz da lúa, películas alucinantes, lecturas impresionantes... Xa llo di Mercurín a Neda, pero quen é Mercurín? e Neda? e Lina? e Pouco?


   Por iso este verán tedes que ler o fermoso libro MIL COUSAS PODEN PASAR (Libro 1) de Jacobo Fernández Serrano. Tamén hai que rematar de ler o libro TANIA VAL DE LUMBRE  de Maria Parr. Tedes que traer os dous libros en setembro, espéravos unha sorpresa.😃
     Como escritores/as velaquí tedes os RETOS, dous en lingua galega e dous en lingua castelá, fixádevos. Tedes que escoller e facer dous, un de lingua galega e outro de lingua castelá.  Se alguén se anima pode facelos todos. Cantos conseguirán publicar a súa historia?





     E para darlle un repasiño ás matemáticas  (recollido da web Orientación Andújar) velaquí vos deixo un enlace, só tedes que pinchar na imaxe, descargalo e imprimilo. Tamén está gardado dentro do recanto de quinto na carpeta de matemáticas. 





5 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu sa levo a mitad do libro Mil cousas poden pasar lida. Xoán.

Anónimo dixo...

os retos son moi divertidos

SARA

Anónimo dixo...

ME GUSTA EL LIBRO ♥ ☻

SARA

Anónimo dixo...

Volvin leer o libro Tania Val de Lumbre coa miña nai e encantoume coma a primeira vez que o lein. Candela Castro.

Xoán dixo...

Xa rematei todas as tarefas

Xoán

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...