Este verán mil cousas poden pasar: festas, visitas a praia, comidas con familiares, xogos con amigos, xeados, paseos baixo a luz da lúa, películas alucinantes, lecturas impresionantes... Xa llo di Mercurín a Neda, pero quen é Mercurín? e Neda? e Lina? e Pouco?
Por iso este verán tedes que ler o fermoso libro MIL COUSAS PODEN PASAR (Libro 1) de Jacobo Fernández Serrano. Tamén hai que rematar de ler o libro TANIA VAL DE LUMBRE de Maria Parr. Tedes que traer os dous libros en setembro, espéravos unha sorpresa.😃
Como escritores/as velaquí tedes os RETOS, dous en lingua galega e dous en lingua castelá, fixádevos. Tedes que escoller e facer dous, un de lingua galega e outro de lingua castelá. Se alguén se anima pode facelos todos. Cantos conseguirán publicar a súa historia?
E para darlle un repasiño ás matemáticas (recollido da web Orientación Andújar) velaquí vos deixo un enlace, só tedes que pinchar na imaxe, descargalo e imprimilo. Tamén está gardado dentro do recanto de quinto na carpeta de matemáticas.
5 comentarios:
Eu sa levo a mitad do libro Mil cousas poden pasar lida. Xoán.
os retos son moi divertidos
SARA
ME GUSTA EL LIBRO ♥ ☻
SARA
Volvin leer o libro Tania Val de Lumbre coa miña nai e encantoume coma a primeira vez que o lein. Candela Castro.
Xa rematei todas as tarefas
Xoán
Publicar un comentario