Amosando publicacións coa etiqueta Cálculo mental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cálculo mental. Amosar todas as publicacións

10 de mar. de 2014

A RESTAR!!


O seguinte xogo ten varios niveis de dificultade, lembrade escoller o axeitado. Para os nenos e nenas de 1º o adecuado e o nivel 1 (easy). 


Recurso recollido da web abcya.


15 de nov. de 2013

UN POUCO DE CÁLCULO MENTAL.

Aquí tendes un xogo para practicar o cálculo mental.
Pincha na imaxe e ...  A XOGAR!


Aplicación recollida da web educativa da Xunta de Andalicia. 

30 de nov. de 2012

OUTRA DE TÁBOAS DE MULTIPLICAR!



Practica as táboas de multiplicar con este divertido xogo recollido da web do Goberno de Canarias. Autor: Sergio Darias Beautell. 







OUTRA DE CÁLCULO MENTAL!

Cálcula mentalmente a suma dos números que aparecen dentro das bolsas. Podes elixir números de 1 cifra, 2cifras ou 3 cifras. Recoméndovos comezas polas bolsas de unha cifra.
 Xa me contaredes os resultados. 
Moita sorte!!





Recurso flash recollido da web do Goberno de Canarias.
Autor: Sergio Darias Beautell.

22 de nov. de 2012

CALCULO MENTAL II,

Eres quen de completar 40 operacións en 4 minutos?
Pon a proba a túa velocidade.


Actividade recollida da web http://www2.gobiernodecanarias.org/

2 de nov. de 2012

CÁLCULO MENTAL.

Se queres practicar o calculo mental, aquí tes este xogo.
O xogo é moi sinxelo, en cada nivel debes ir disparando coas túas bolas a outras que van movéndose lentamente por un camiño. Si suman 10 desapareceran e gañarás puntos, se non a túa bola engadirase á fila. Debes eliminar toda a fila antes de que cheguen ao furado final, se o consegues pasas ao seguinte nivel, no caso contrario... o xogo remata!


Actividade recollida da web actiludis.

11 de out. de 2012

REPASA AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

    Pinchando nas imaxes accederás a cadanseu xogo para repasar as táboas de multiplicar, xa me contaredes que tal vos foi. :-)





Actividades recollidas da web "juegos educativos online".

10 de xan. de 2011

ATOPA OS NÚMEROS PERDIDOS

Tendes que completar os ocos arrastrando os números da esquerda.

23 de nov. de 2010

SUMA USANDO OS DADOS.

Tendes que xuntar dados para obter o número que vos pidan. Concentrádevos, seguro que o facedes ben.

FAI QUE O CARACOL COMA A LEITUGA. SERIES

Tes que completar a serie para que o caracol coma a leituga. Lembrádevos de comparar o primeiro número co segundo, xa sabedes:
  • Se o segundo e maior,  a serie suma.
  • Se é menor a serie resta.
Seguro que vos sae estupendamente. Ánimo.  Pinchade na imaxe para acceder ao enlace.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...