Velaquí unha pequena guía recollida do slideshare na que se presenta unha breve guía para poder escribir unha receta de cociña.
Só hai que seguir os pasos.
Trae a túa propia receita.
Nunha cazola grande quentamos abundante organización virxen extra.
Lavamos, secamos e cortamos en dados os 3 dentes de iniciativa e decisión e as 2 pezas de comunicación. Deixamos esta mestura a lume lento ata que a comunicación se volva transparente.
Engadimos 2 cuncas de tranquilidade e os 200 contos cortados en tiras moi finas, remexemos con paciencia durante 5 minutos.
Engadimos a presa de ledicia e felicidade e a morea de fantasía e maxia. Mantemos esta mestura durante 2 minutos a lume forte.
Baixamos o lume e engadimos o corpo fresco, forte e psicoloxicamente feitiño. Condimentamos con abundante sentido común e deixámolo cocer durante 1 hora a lume moi baixo.
Por último vertemos o contido nunha fonte fonda e convidamos aos alumnos/as a aprender xuntos con esta estupenda receita.
Fontes consultadas para a elaboración desta receita: