Recursos recollidos da web cotovia.org e do ceipmagalans
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua b>. Amosar todas as publicacións
14 de mar. de 2019
14 de xan. de 2019
3 de xan. de 2019
A NOSA AVENTURA DE NADAL.
ESCRIBE UNHA HISTORIA. A NOSA HISTORIA.
Esta é a última tarefa que tedes que facer, por iso É UNHA ENTREGA.
Non hai que escribila en comentarios.
A entrega farase:
- Nun folio, en bolígrafo, con marxes, boa caligrafía, limpeza e orde.
- Idioma: galego.
- Extensión: 20 a 25 líneas.
- Debe conter ilustracións.
- Valorarase a riqueza de vocabulario, a coherencia, a puntuación e aortografía.
Etiquetas:
2º ciclo,
3º ciclo,
Escritura,
Lingua,
Tarefas alumnado
2 de xan. de 2019
A AVENTURA COMEZA AQUÍ.
![]() |
| Fonte: http://creatividad.aomatos.com |
Extensión: 10-12 líneas.
Idioma: galego.
Terase en conta o uso de adxectivos e a riqueza de vocabulario.
Etiquetas:
2º ciclo,
3º ciclo,
Escritura,
Lingua,
Tarefas alumnado
18 de dec. de 2018
10 de nov. de 2018
LENDA: O reparto das troitas.
Poema elaborado polo alumnado de sexto a partir da lenda "O reparto das troitas" recollida da web Galicia encantada.
Cincuenta anos fan xa
que dous curmáns foron pescar,
moitas troitas para merendar
marcharon a repartilas xa.
Heladio sabe pescar,
e o seu curmán contar
que coa súa picardía,
roubou máis ese día.
O seu curmán
que nada sabía,
fíxolle caso ese día
e déronse a man.
A casa foron comer
todas as troitas,
Heladio quixo crer
as boas propostas.
(Sara, Xoán, Olaya, Pedro e Candela S)
Etiquetas:
3º ciclo,
Lingua,
Tarefas alumnado
18 de out. de 2018
CUÑA PUBLICITARIA
Pincha na imaxe para escoitar a fantástica cuña publicitaria que fixeron os nenos e nenas do equipo Galaxy de sexto de primaria.De que será a publicidade??
15 de out. de 2018
ANUNCIOS.
A continuación tedes dúas imaxes onde se especifica cales son os obxectivos que debe cumprir un anuncio e cales son as súas características.
28 de set. de 2018
17 de maio de 2018
14 de maio de 2018
8 de maio de 2018
26 de abr. de 2018
23 de mar. de 2018
DÍA DA MULLER 2018.
O pasado día 9 de marzo, un día despois do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, presentamos no colexio o noso traballo.
Este traballo é froito da investigación, debate, reflexión e traballo conxunto de todo o alumnado de quinto de primaria, o resultado é espectacular, non podo estar máis orgullosa.
Este traballo é froito da investigación, debate, reflexión e traballo conxunto de todo o alumnado de quinto de primaria, o resultado é espectacular, non podo estar máis orgullosa.
Etiquetas:
3º ciclo,
Curtas-vídeos,
Día da Muller,
Lingua
15 de mar. de 2018
2 de mar. de 2018
23 de feb. de 2018
19 de feb. de 2018
ESCRITORES/AS DE QUINTO.
- Levantarte mareado e dar un golpe no pé.
- Que te den un almorzo que non che guste.
- Ducharte con auga fría.
- Que non poidas subir ao coche porque non tes as chaves.
- Vas andando ao cole e atropellache unha bicicleta.
- Chegas tarde ao cole e poñenche un negativo.
- Esqueces os deberes, outro negativo.
- Tes unha dor tremenda pero ao teu mestre dalle igual e segues coa dor.
- No recreo tes que facer o traballo que non fixeches.
- Na hora de lectura cando abres o teu libro, rompe.
- En EF non podes xogar e quedas toda a hora durmido.
- O teu profe de EF esquécese de ti e tes que saír polo baño.
- Rompes o chan dun pisotón e ademais poñenche un negativo.
- Daslle tan forte ao chan que acabas no hospital.
- Todo isto é igual ao peor día da historia.
Alfonso Lago.
Hoxe é un día moi especial para min, porque imos facer unha viaxe toda a familia a Cabeza de Manzaneda, estou moi ilusionada porque é a primeira vez que vou á neve. Levántome moi cedo para saír sen présas e chegar con tempo de sobra para disfrutar do día. O camiño faise longo pero teño moitas ganas de chegar.
Canto máis subimos máis frío se nota, as sinais indican que estamos chegando ao cume, xa non queda nada...
- Oh! Non pode ser, non hai gota de neve!
Póñome a chorar e ninguén é capaz de consolarme.
Decidimos baixar da montaña e visitar o pobo, pero hoxe non é o noso día. O coche derrapa e temos que arrimarnos a cuneta e estragamos unha roda. Mentres arranxan o coche decidimos xantar algo no único bar que atopamos aberto e non pode ser... Só lle quedan no menú XUDIAS, non o podo crer, XUDÍAS!!!
Candela Castro.
Transcrición dos orixinais escritos polo alumnado de quinto.
A imaxe recolleuse da web: A fiestra da mestra
Etiquetas:
2º ciclo,
3º ciclo,
Escritoras e escritores de quinto,
Escritura,
Lingua
17 de feb. de 2018
ESCRITORES/AS DE QUINTO.
Érase unha vez un home que traballaba de sol a sol, para poder manter aos seus fillos. Eran pobres e traballaban a terra para conseguir alimento. Veu un verán moi duro porque non chovera nada e a colleita podía secar. Tiña que regar todos os días, ata que un día empezou a chover. E o home alividado dixo:
- Atopo paz na choiva.
Nerea Nogueira.
Hoxe é un día de choiva como a maioría dos días deste mes de xaneiro. Xogamos o último partido de fútbol da tempada, é un partido moi difícil, xogámonos a clasificación.
Esta semana entrenamos moi duro e esperemos que valla a pena tanto esforzo.
Chegamos ao campo unha hora antes para quecer e dar ao balón, o campo está moi mollado e así non é doado xogar. O entrenador prepara as fichas e vainos chamando de un a un.
- Pablo! - berra o entrenador.
- Xa vou, estou atando os cordóns.
E así vai chamándonos a todos.
Comeza o partido e non para de chover. Estamos empapados pero seguimos correndo con moitas ganas.
Só quedaban cinco minutos para o final cando ocorre o milagre. Lucía manda un pelotazo cara a portería e cando chega aos meus pés engancho o balón con tanta forza que me escapa a bota co balón ata dentro da portería.
Todos corren cara min berrando coma tolos.
- GOL! GOL!
O partido remata coa nosa victoria e clasificámonos.
A min o único que se me pasa pola cabeza é:
- Atopo a paz na choiva.
Candela Castro.
Aventura de Goti.
Goti é unha pequena gota de auga, gústalle estar na súa nube, mollar a xente e xogar cos seus mellores amigos. Goti é a gota máis pacífica das nubes. Non todas as gotas son tan boas, algunhas péganse entre elas e destrozan todo, outras entran nas casas e outras caen xuntas pola cheminea e apagan o lume. Goti quere que as gotas malas non fagan iso, ela intenta convencelas falando na súa nube ou xogando con elas para entretelas e que non fagan trastadas, pero nunca funciona.
Un día de choiva Goti estaba caendo, de repente o seu mellor amigo, que se chamaba Orballo, díxolle que hoxe era día de "arco da vella", o mellor día porque é o único no que as gotas malas non fan trastadas. Goti estaba moi contento porque podía xogar con tódalas gotas , malas e boas.
Cando estaba cerca do Sol e faltaba pouco para que rematara aquel día, Goti tivo unha idea, dicirlle ao Sol que tódolos días de choiva saira para facer o "arco da vella". Ao Sol gustoulle moito a idea. Cando todo estaba xa funcionando Goti dixo:
- Por fin, atopo a paz na choiva.
Manuel Xes Barciela.
Un día estaba paseando polos Ancares co meu irmán e cos meus pais. Eu estaba alporizada porque o meu irmán non paraba de meterse comigo, o meu pai ameazounos con que cando chegáramos á casa rural íanos castigar, pero meu irmán seguía facéndome rabiar.
Entón empezou a poallar e meu pai dixo:
- Imos todos para a casa rural, que vos vou por un castigo de campionato como non vos tranquilicedes.
A choiva fíxose máis abundante e foinos mollando pouco a pouco. Conforme a choiva ía caendo, empecei a notar que me estaba tranquilizando.
Cando chegamos á casa rural xa non estaba alporizada porque... "Atopo a paz na choiva".
Paula Alonso.
Transcrición dos orixinais escritos polo alumnado de quinto.
A imaxe recolleuse da web: A fiestra da mestra.
Etiquetas:
2º ciclo,
3º ciclo,
Escritoras e escritores de quinto,
Escritura,
Lingua
















