19 de feb. de 2018

ESCRITORES/AS DE QUINTO.


  1. Levantarte mareado e dar un golpe no pé.
  2. Que te den un almorzo que non che guste.
  3. Ducharte con auga fría.
  4. Que non poidas subir ao coche porque non tes as chaves.
  5. Vas andando ao cole e atropellache unha bicicleta. 
  6. Chegas tarde ao cole e poñenche un negativo. 
  7. Esqueces os deberes, outro negativo.
  8. Tes unha dor tremenda pero ao teu mestre dalle igual e segues coa dor.
  9. No recreo tes que facer o traballo que non fixeches.
  10. Na hora de lectura cando abres o teu libro, rompe.
  11. En EF non podes xogar e quedas toda a hora durmido.
  12. O teu profe de EF esquécese de ti e tes que saír polo baño.
  13. Rompes o chan dun pisotón e ademais poñenche un negativo.
  14. Daslle tan forte ao chan que acabas no hospital.
  15. Todo isto é igual ao peor día da historia. 
Alfonso Lago. 

   Hoxe é un día moi especial para min, porque imos facer unha viaxe toda a familia a Cabeza de Manzaneda, estou moi ilusionada porque é a primeira vez que  vou á neve. Levántome moi cedo para saír sen présas e chegar con tempo de sobra para disfrutar do día. O camiño faise longo pero teño moitas ganas de chegar.
   Canto máis subimos máis frío se nota, as sinais indican que estamos chegando ao cume, xa non queda nada...
- Oh! Non pode ser, non hai gota de neve!
   Póñome a chorar e ninguén é capaz de consolarme.
   Decidimos baixar da montaña e visitar o pobo, pero hoxe non é o noso día. O coche derrapa e temos que arrimarnos a cuneta e estragamos unha roda. Mentres arranxan o coche decidimos xantar algo no único bar que atopamos aberto e non pode ser... Só lle quedan no menú XUDIAS, non o podo crer, XUDÍAS!!!
Candela Castro.

Transcrición dos orixinais escritos polo alumnado de quinto.
A imaxe recolleuse da web: A fiestra da mestra


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...