Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións

25 de dec. de 2016

BO NADAL!

   Na vídeo felicitación de Nadal non se podía pedir nada material, nin se podía pedir para ninguén concreto. Esa era a premisa. Quince minutos para pensar en grupo e escribir nun papel os nosos desexos... Parece complicado verdade?

Esta orgullosa mestra,
deséxavos felices festas!

23 de dec. de 2015

BO NADAL!

Que é iso?
Mmmmm
Un superheroe? Unha bruxa? Unha fada?
Non! Non! e non!
Non é fada nin camión!
É a nosa felicitación!


30 de abr. de 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO.



   O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega"
     Escolleron o 17 de maio "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", e así foi.
     O 17 de maio de 1963 celebrouse o primeiro Día das Letras Galegas, e a primeira homenaxeada foi, por suposto, Rosalía de Castro. Despois dela, seguiron Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añon Paz e así un longo etcétera ata chegar ao 2013 onde o homenaxeado vai ser Roberto Vidal Bolaño, posiblemente o dramaturgo máis prolixo da nosa literatura.
      Nos seguintes enlaces poderedes investigar máis sobre este estupendo autor.



Información recollida das seguintes webs:







24 de feb. de 2013

ROSALIA DE CASTRO

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.
Este ano o Día de Rosalía de Castro tamén coincide co ano no que se cumplen 150 anos da primeira publicación de "Cantares Gallegos", polo tanto estamos de dobre celebración. Parabéns a todos/as!!!
Deixovos uns enlaces onde podedes atopar información sobre esta fantástica autora.


13 de nov. de 2012

O MAGOSTO.

No mes de novembro, en Galicia, celébrase unha data moi especial, o MAGOSTO. É unha celebración propia da nosa terra, xa que noutros lugares non se celebra


Actividade feita por Ana Martínez Rey, recollida da web O Recanto de Mik.


 Información recollida da web do Concello de Arteixo procedente da web O Recanto de Mik. 


 Refráns, adiviñas, poemas, ditos de outono, recollidos da web O Recanto de Mik.

 Información recollida da web galicias.com







25 de out. de 2012

SAMAÍN.

   Achégase o 31 de Outubro, día de Samaín; unha data con moita historia xa que na época dos celtas sinalaba a fin do verán e o comezo do inverno.

   Para celebrar esta festa aquí tendes unha serie de actividades recollidas  da web O Espazo Máxico de Carbi, do CEIP Carballal de Cabral (Vigo),  para os diferentes ciclos ás que poderedes acceder facendo clic nas imaxes e premendo en convidados.

Infantil e 1º Ciclo
2º Ciclo
3º Ciclo



24 de out. de 2012

QUEDA PROHIBIDO.


Queda prohibido.
Queda prohibido llorar sin aprender,
levantarte un día sin saber qué hacer,
tener miedo a tus recuerdos...

Queda prohibido no sonreír a los problemas,
no luchar por lo que quieres,
abandonarlo todo por miedo,
no convertir en realidad tus sueños.

Queda prohibido no intentar comprender
a las personas,
pensar que sus vidas valen menos que la tuya,
no saber que cada uno tiene su camino y su dicha...

Queda prohibido no crear tu historia,
no tener un momento para la gente que te necesita,
no comprender que lo que la vida te da,
también te lo quita.

Queda prohibido, no buscar tu felicidad,
no vivir tu vida con actitud positiva,
no pensar en que podemos ser mejores,
no sentir que sin ti, el mundo no sería igual.


Alfredo Cuervo Barrero.



25 de maio de 2012

ROSALÍA DE CASTRO

    Estes días estivemos falando de Rosalía de Castro e da súa importancia na celebración das Letras Galegas entre outras cousas. Aquí vai o prometido, dúas actividades LIM sobre a autora.
 A primeira está recollida do blogue da biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda,  a segunda da web do colexio CEIP de Baño-Xanza.

Cómpre que as fagades por orde, porque a segunda é máis difícil, se tedes problemas, pedide axuda.
A desfrutar enton, xa sabedes tendes que pinchar nas imaxes. :-) 





17 de maio de 2012

LETRAS GALEGAS

Felíz día das Letras Galegas a todas e a todos. Aquí tedes un vídeo, recollido da web vimeo da Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Felicitacións ao CPI Virse da Saleta, o vídeo é xenial.

1 de mar. de 2011

ENTROIDO

Pinchade na foto para acceder ao conto e aos xogos. Desfrutádeo.

27 de out. de 2010

SAMAIN

SAMAIN
En outros lugares do mundo nestes momentos están celebrando o Halloween , pero temos que dicir que aquí, en Galicia, temos unha festa propia, o SAMAÍN. O Samain é unha celebración de orixe celta. Na noite do 31 de outubro celébrase a chegada do Ano Novo celta, que marcaba o fin do verán e a chegada do inverno. Nesta noite tan especial e terrorífica  os celtas crían que a ventá que separaba o mundo dos vivos do dos mortos se abría, e estes  atravesaban a porta das casas e visitabas ás familias para quentarse e tomar algo de alimento. Para mantelos contentos  (os espíritos) deixábanlle doces e comida nas portas das casas. Así que xa sabedes, temos unha festividade propia TERRORÍFICA E ESPECTACULAR. O SAMAIN.

SAMAIN

No cole estamos comezando coas celebracións do Samaín, atopei este vídeo feito polo Ceip Mestres Goldar coa canción do grupo Mamá Cabra (http://mamacabra.wordpress.com)

20 de out. de 2010

MAGOSTO

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...