O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega"
Escolleron o 17 de maio "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", e así foi.
O 17 de maio de 1963 celebrouse o primeiro Día das Letras Galegas, e a primeira homenaxeada foi, por suposto, Rosalía de Castro. Despois dela, seguiron Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añon Paz e así un longo etcétera ata chegar ao 2013 onde o homenaxeado vai ser Roberto Vidal Bolaño, posiblemente o dramaturgo máis prolixo da nosa literatura.
Nos seguintes enlaces poderedes investigar máis sobre este estupendo autor.
Información recollida das seguintes webs:
Ningún comentario:
Publicar un comentario