12 de xan. de 2018

TAREFA SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO.

   Este ano o día das Letras Galegas adícaselle a escritora María Victoria Moreno.

   Para o luns tedes que traer a biografía da autora. 

  Unha biografía é a historia dunha vida. Relata os acontecementos dunha persoa dende o seu nacemento ata o momento no que se escribe ou ata a súa morte. 

Entre outros aspectos debe recoller:
  1. Data e lugar de nacemento e data e lugar da morte (se a persoa está morta).
  2. Nome dos pais e fillos/as (se é que ten ou tivo).
  3. Os seus estudios e onde os cursou.
  4. Características da súa personalidade.
  5. Soños acadados, anécdotas, recordos, viaxes, momentos felices....


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...