Este foi un curso escolar raro, atípico. Nos últimos tres meses non puidemos saudarnos con apertas polas mañás, escoitar música nas entradas, rir xuntos/as, facer traballos en equipo, cantar a viva voz, facer lecturas compartidas...
Aínda así, entre todos/as conseguimos que DENDE O MEU LAR PARA O VOSO FOGAR fose un punto de encontro onde saudarnos, rir, cantar, bailar, traballar, cociñar, contar contos, escribir, gravar películas, mandar vídeos, facer retos, sacar fotografías... xuntos/as na distancia. Conseguimos darlle a volta a situación e avanzar coma un equipo.
Como mestra só podo sentir un profundo orgullo por todos/as e cada un/unha de vós. É un pracer traballar convosco e cunhas familias coma as vosas.
Deséxovos unhas vacacións, moi merecidas, cheas de aventuras e experiencias que vos fagan medrar como persoas. Descansade moito e recargade as pilas.
Espérovos en setembro para comezar unha nova aventura xuntos/as.
Tal e como falamos velaí van as recomendacións para o verán:
- A primeira delas é ler.
Lembrade facer de críticos/as literarios e incluír a vosa crítica no diario.
Eu déixovos dúas recomendacións: - A segunda recomendación é escribir.
- O mellor e o peor do día.
- Contos, poesías, cancións de creación propia.
- Reflexións sobre temas que vos interesen.
- Anécdotas das vosas aventuras diarias.
- Recomendacións de libros ou películas que vexades. Lembrade cubrir a ficha técnica e despois facer a recomendación.
- Guións de teatro ou cine para futuras películas.
- Todo aquilo que consideredes que debe formar parte do voso diario.
Os libros quedarán abertos na plataforma durante o mes de xullo e a meirande parte de agosto para todos aqueles que queirades repasar os contidos traballados ao longo deste curso.
1 comentario:
Ese libro e moi bo
Publicar un comentario