10 de set. de 2020

MAÑÁ É O DÍA!

Foron moitos días sen vernos, tantos que xa perdín a conta.

Chegou o momento de comezar unha nova aventura, xuntos/as, coma sempre. 

Vai ser unha aventura épica, chea de emocións e con moitas normas.

Estou convencida  que seremos capaces de facelo, somos un equipo.

Un equipo de persoas bravas que xa me demostraron que eran fortes, valentes. 

Capaces de desafiar ao medo, retar a tristura e ao enfado e sacarlle a lingua.

Orgullo!

Cantas cousas por contar.

Descansade moito hoxe. Eu espérovos mañá, porque mañá é o día!😄


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...