Despois dun merecido descanso,aquí tedes unhas recomendacións para o verán. Ler é o máis importante.
Estas son algunhas novidades que teñen moi boa pinta. Aínda non as lin así que confío no voso criterio, deixádeme en comentarios se vos gustaron.
Calquera libro que caia nas vosas man, Ler é poder.
A plataforma Edixgal serguirá activa ata mediados de agosto, así que podedes consultar todos os libros ata esa data.
Para repasar LINGUA GALEGA e LINGUA CASTELÁ tamén tedes os enlaces que están na barra da esquerda do blog nos que atoparedes toda a teoría, son estes:
Podedes mercar, se queredes, un caderniño de comprensión lectora ou de ortografía de repaso, os de Santillana non están mal.Son en lingua castelá, en galego non atopei nada.Non esquezades escribir para non perder a práctica, sodes unhas/uns escritoras/es xeniais.
Para MATEMÁTICAS:
Caderniño matemáticas "Preparo 1° ESO" recollido da web Orientación Andújar. Lembrade repasar as operacións básicas (suma, resta, multiplicación e división).
Descansade, pasádeo xenial, aproveitade o tempo coas vosas familias e amigos/as...
Deséxovos o mellor nesta nova etapa, foi un pracer ter uns alumnos/as coma vós.
LEMBRADE:
Tedes que espallar as vosas cores polo mundo e contaxiar a outros xardíns coa vosa luz. Non esquezades coidar das compañeiras. Agora a misión é vosa. Tedes que coidar do xardín e sementar o voso propio, xa tedes as ferramentas. O meu traballo rematou, non podo estar máis orgullosa.
Tania.
Ningún comentario:
Publicar un comentario