GUISO DE BOA MESTRA.
INGREDIENTES:
- 1 corpo fresco, forte e psicoloxicamente feitiño previamente adubado.
- 3 Dentes de iniciativa e decisión.
- 2 pezas grandes de comunicación.
- 1 presa de ledicia e felicidade.
- 1 morea de fantasía e maxia.
- 2 cuncas de tranquilidade.
- 200 contos ben curados.
- Organización virxe extra.
PREPARACIÓN:
- Nunha cazola grande quentamos abundante organización virxen extra.
- Lavamos, secamos e cortamos en dados os 3 dentes de iniciativa e decisión e as 2 pezas de comunicación. Deixamos esta mestura a lume lento ata que a comunicación se volva transparente.
- Engadimos 2 cuncas de tranquilidade e os 200 contos cortados en tiras moi finas, remexemos con paciencia durante 5 minutos.
- Engadimos a presa de ledicia e felicidade e a morea de fantasía e maxia. Mantemos esta mestura durante 2 minutos a lume forte.
- Baixamos o lume e engadimos o corpo fresco, forte e psicoloxicamente feitiño. Condimentamos con abundante sentido común e deixámolo cocer durante 1 hora a lume moi baixo.
- Por último vertemos o contido nunha fonte fonda e convidamos aos alumnos/as a aprender xuntos con esta estupenda receita.
Fontes consultadas para a elaboración desta receita:
Ningún comentario:
Publicar un comentario