10 de feb. de 2011

SENTIMENTOS

UNHA DE MEDO

Era unha noite moi, moi escura. O ceo estaba moi, moi negro, coma o carbón. Un lobo ouveaba moi preto. Cheiraba a carne fresca e a sangue. Eu estaba na casa mentres caían do ceo raios e se escoitaban os tronos. Pola ventá víase un exército de serpes rápidas. E petaron fortemente tres veces na porta. De seguido sonou o teléfono. E de súpeto abriuse a porta soa. Unha rareza moi extraña. Escapei correndo cara o piso de arriba. Detrás de min viña un home cos cairos moi longos e tiña unha capa vermella. Entón escondinme no armario. Como o vampiro tiña os cairos moi longos clavounos na porta do armario. Entón quedou atrapado. E dende aquela no armario gardo tres abrigos, cinco pantalóns, seis pares de calcetíns e na porta... un traxe de vampiro sempre colgadiño!
(Conto colectivo, elaborado polos nenos e nenas de 2º do CEIP Canicouva)

1 comentario:

Marta Maceira dixo...

Que bonito conto! Da un pouco de medo, iso sí, pero moi bonito. Un saúdo!

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...