7 de mar. de 2013

NOVOS RETOS MATEMÁTICOS

Aquí vos deixo uns novos enigmas matemáticos.
Lembrade ler con calma.
Espero as vosas respostas. :-)

A Anxo caeulle un anel dentro dunha taza chea de café pero o  anel non se mollou. Como pode ser?

Nunha árbore hai sete paxaros. Perdro dispara e mata a un paxaro. Cantos paxaros quedan na árbore?

O pai de Ana ten cinco fillas, que son: Nana, Nene, Nini e Nono. Poderías dicirme como se chama a quinta filla?

Dúas vacas detrás dunha vaca,
dúas vacas diante dunha vaca
e unha vaca no medio.
Cantas vacas son?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...