5 de feb. de 2015

COPLA DE ENTROIDO.


Este Entroido imos bailar,
disfrazados de arco da vella
imos danzar sen parar.

As nosas familias van tocar,
mentres nos imos escoitar
para despois poder cantar.

Despois de tanta troula,
merecemos un bo xantar.
Comeremos un rico cocido
para así volver danzar.

Filloas, chulas, orellas e rosquillas
que boas están.
Imos merendar!

Despois de tanta larpeirada
merecemos descansar,
senón as nosas barrigas van estoupar.

Adeus, adeus o festival rematou
só nos queda dicir...
que comecedes a aplaudir!

Copla de Entroido elaborada polas nenas e nenos de 2º de Educación Primaria do CEIP Carballal-Cabral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...