1 de xul. de 2015

BOAS VACACIÓNS!

Malapata, Perico, Curuxa, Anacleto e Xosefina xa están de vacacións. Disque van ir todos xuntos a unha illa deserta, seguramente vivirán mil aventuras, xa sabedes que sempre se meten en lios. O destino que escolleron chámase Esconchinchina,  unha illa pérdida no océano Esquecido. Os seis desexámosvos unhas boas vacacións de verán, nas que esperamos que vivades mil e unha aventuras...

Para que non esquezades todo o traballado ao longo do curso podedes facer o seguinte... (un pouco de cada):


  • Este verán podedes rematar o "Libro de experta/o" de matemáticas, o caderno verde, para ser autéticas/os expertos na resolución, creación e interpretación de problemas. Todas/os tedes ese libro na casa.
  • Que pasarías si...? Se ti foses...? Inventa... Pincha aquí para escribir historias alucinantes.
  • Algúns exercicios para repasar a numeración. Pincha aquí.
  • Algunhas fichas para afianzar as normas ortográficas e facer ditados. Pincha aquí. (Recollidas de aulapt.org)
  • Para ler:

"Los mimpins" Roald Dahl.
"Os soños na gaiola" Manuel María.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...