22 de mar. de 2016

DOCUMENTAL MULLER TRABALLADORA.

A Curuxa, que é unha bruxa que habita na nosa aula, mandounos unha mensaxe para que fixeramos un documental sobre o 8 de marzo.
O primeiro que tivemos que facer foi descifrar a mensaxe...



Para informarnos sobre o tema preguntamos na casa, pescudamos en libros, lemos textos, vimos curtas e pelis...
Elaboramos unhas entrevistas para as mulleres traballadoras das nosas casas e gravámolas cos móbiles. Tamén gravamos no cole a información que fomos seleccionando sobre o tema.
O resultado foi un fantástico documental que despois de viaxar polo Reino de Primeiro vai quedar a disposición de todos/as os interesados /as na biblioteca do cole.

Despois de tanto traballo chegamos a unha conclusión... 

TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...