8 de xul. de 2019

PARA O VERÁN!

 Despois dun merecido descanso, tal e como quedaramos, aquí tedes as recomendacións para o verán. Ler é o máis importante.

As peripecias de Extravaganzza Pérez de Ledicia Costas. Ou calquera outro libro desta autora que non caera xa nas vosas mans, simplemente xenial.
Calquera de Roald Dahl, por suposto, "As Bruxas", "Matilda", "Charlie e a fábrica de chocolate", "A marabillosa medicina de George"...
El pequeño vampiro de Angela Sommer-Bodenburg...

Calquera libro que caia nas vosas man, Ler é poder.


  

 Para repasar LINGUA GALEGA e LINGUA CASTELÁ tedes os enlaces que están na barra da esquerda do blog nos que atoparedes toda a teoría, son estes:



Podedes mercar, se queredes, un caderniño de comprensión lectora ou de ortografía de repaso, os de Santillana non están mal.



Para MATEMÁTICAS:

Caderniño matemáticas "Preparo 1° ESO" recollido da web Orientación Andújar.  

   Descansade, pasádeo xenial, aproveitade o tempo coas vosas familias e amigos/as...
   Deséxovos o mellor nesta nova etapa, foi un pracer ter uns alumnos/as coma vós. 

XUNTXS SOMOS.

Un compás descompasado,
unha chaira costa arriba,
un diluído concentrado.

Un plácido roñar,
unha airexa violenta,
un chegar sen empezar.

Un camiño abafante,
unha extraordinaria viaxe,
cun final alucinante

Así somos, somos así,
simplemente porque si. 

Tania L.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Omitas gracias Tania.
BO VERÁN!!
Paula.

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...