30 de out. de 2015

MATEXOGAMOS!!!!

Nesta entrada presentarei o primeiro de varios xogos cos que nos divertimos na nosa aula.

O xogo chámase: CARREIRA DE CADRADOS.

A idea orixinal é da páxina "Aprendiendo Matemáticas" , como estamos en 1º de Primaria, o que fixemos foi adaptala ao noso alumnado. Xa non se trata dunha actividade para traballar a multiplicación, nela traballaremos a suma, a comparación e o concepto de decena.

Para poder xogar precisamos, dous dados de 6 caras, un taboleiro...

Unha folla onde anotar as nosas operacións...
E unha folla para contabilizar a puntuación obtida...
Como se xoga?

É un xogo para xogar en parella.
Tíranse dous dados en cada turno. O alumno/a anota a operación na folla e espera a que tire o seu compañeiro/a. Unha vez que están as dúas operacións resoltas colócanse os símbolos > , < ou = . Unha vez feito esto os alumnos/as teñen que colorear, no taboeiro, o número de cadrados que obtiveron como resultado da súa suma. Cada un dunha cor diferente.


Como sabemos quen gaña a partida?

Para saber quen gaña a partida hai que contar o número de cadrados de cada cor. Par elo empregamos a filla de conteo. Cada vez que contemos 10 temos unha decena, polo tanto temos que pintar un recadro vermello na nosa folla, unha vez rematemos de contar decenas, van quedar unidades "soltas" para apuntar estas unidades temos que colorear os círculos de color azul.
Despois só hai que anotar as decenas e unidades conseguidas e dicidir que número é o maior. O que pintara máis recadros gaña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...