As ordes eran
precisas, categóricas.
Había que quedar na
casa.
A situación era
confusa, estraña pero había que facelo.
E así foi como todo
comezou.
O tempo esvaraba
entre as mans, lentamente sen pausa.
A incerteza
instalouse na vida cotiá.
Os días pasaban e
semellaba que íamos perder a cabeza pero non, desprendémonos dos
parafusos que nos sobraban e seguimos cara adiante, coma sempre, non
había outra opción. Renderse? Esa palabra non se atopa no noso
vocabulario.
Fortes, valentes.
Desafiamos ao medo, retamos a tristura e ao enfado. Sacámoslle a
lingua. O medo, a tristura e o enfado desapareceron transformándose
nun salto de ledicia que trouxo con el unha nova forma de ver o
mundo.
As casas
convertéronse en fiestras abertas, por onde entraba unha airexa moi
agradable que deixaba gozar das cousas máis insignificantes, agora
transformadas en colosais. As nubes, os solpores, a natureza, mudaron
en agasallos para a vista, para o espírito e para a alma.
Nada disto sería
posible sen vós.
Orgullo de mestra.
Tania.
Ningún comentario:
Publicar un comentario