30 de xuño de 2016
BO VERÁN!
O Reino de Primeiro pecha as súas portas ata despois do verán. Foi un ano repleto de aventuras e descubrimentos así que agora toca descansar para voltar coa batería cargada.
Perico, Malapata, Curuxa, Lola e máis eu recomendamos a lectura de dous marabillos libros:
El Superzorro, de Roald Dahl e Fafarraios de Gloria Sánchez.
Non esquezades pasear pola praia, xogar as agachadas, saltar a comba, bailar na festa, comer xeado, pintar, escoitar música, escribir no voso diario, xogar aos birlos, cantar, pasear polo monte, ir a un rastrexo, facer unha tartaruga ..., e todo aquilo que vós faga felices.
Se alguén quere repasar algo de matemáticas pinchando aquí tedes unhas fichas modelo, pero só se queredes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario