1. Hai que escribir as respostas no comentario da entrada que corresponde.
Exemplo:
Nos comentarios da entrada que leva por título "COMEZAMOS!", hai que contestar ás preguntas dos problemas de matemáticas e nos comentarios da entrada que lleva por título "UNHA DE ESCRITURA", hai que escribir nos comentarios a lista cos dez artículos por menos de un euro. Se se comenta a resposta nunha entrada do blog que non se corresponde estaría mal.
2. Se o comentario ten faltas graves de ortografía NON será publicado.
3. En cada entrada do blogue veráse o valor das insignias que poderedes conseguir. Á volta das vacacións decidiremos cales son para o equipo, para o grupo ou individuais.
4. Se tódolos membros dun equipo ou todos os nenos e nenas de clase responden correctamente e cumprindo as normas anteriormente citadas a unha tarefa concreta publicaranse os comentarios e recibiránse insignias extra ( de tres a cinco). Do contrario publicaremos á volta das vacacións e non haberá insignias extras.
5. Lembrade poñer o voso nome antes de enviar o comentario. Podedes facer todos os comentarios que precisedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario